A concelleira María Rozas visitou a exposición no CSC Maruxa e Coralia xunto a representantes das familias da Economía Social Galega
A exposición "Economía Social no corazón da nosa historia" é unha homenaxe ás pioneiras da Economía Social

A exposición Economía Social no corazón da nosa historia aterra en Santiago de Compostela

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024. O Centro Sociocultural Maruxa e Coralia acolle a exposición "Economía Social no corazón da nosa historia", impulsada pola concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude de Santiago, xunto co Foro pola Economía Social Galega.

Esta mostra destaca o valor da economía social máis aló das cifras, centrándose nas persoas, a calidade do emprego e a sustentabilidade.

A concelleira María Rozas, o presidente do ForoEsGal, Celso Gándara, xunto con representantes das entidades de economía social como Mino Martínez, presidente de Cegasal, inauguraron a exposición, que é parte do compromiso da cidade co fomento deste modelo económico.

A mostra rende homenaxe ás pioneiras da Economía Social e evidencia o papel fundamental das máis de 4.700 organizacións de economía social en Galicia, destacando a iniciativa como un eixo clave da Axenda Urbana 2030 e a colaboración municipal para promover un desenvolvemento máis inclusivo e sustentable. 

Máis información.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar